-Viviu en moitos sitios diferentes, se elixiu Pontevedra será por algo?

-Despois de ver moitos pobos penso que Pontevedra é a mellor cidade para vivir. Por calidade de vida. Xunta moitas cousas para ser feliz, daquela o resto telo que poñer ti. Pero, por filosofía de cidade é un escenario perfecto.

-Por qué? Que é o que a distingue?

-Todo é próximo, é doado de percorrer camiñando, é sinxelo aparcar. Sei que afirmar isto soará raro, pero non creo que ningunha capital galega teña un só parking gratuíto tan preto do centro como temos nós, que temos os do pavillón e o do Pazo dá Cultura. E ademais é unha cidade que ten tódolos servizos necesarios co ambiente familiar dun sitio pequeno. É unha mestura perfecta.

-Lembra a cidade anterior ás reformas?

-Si, lémbrome. Todo cheo de coches pola zona vella. Eu cada vez que podo escapo de Madrid e a xente pregúntame por que. A verdade que é un orgullo porque cada vez que alguén me fai caso e ven de visita logo dinme: "agora entendo porque vés tanto a Pontevedra". É unha cidade moi humana na que aínda se pode vivir. A xente está a pasear pola rúa, teñen unha zona vella con monumentos espectaculares, non fai faia escapar a un centro comercial, aínda nos dá a luz do sol, é unha cidade que namora.

-Por iso te sentes pontevedrés?

-Un non é de onde nace senón de onde quere estar. Eu considérome pontevedrés e son un veciño pontevedrés. Encántame vir á Praza da Ferrería, un lugar con moita vida, e pasear ata a Alameda, é unha zona que me dá moita tranquilidade e onde estou moi a gusto.

-Recomendas Pontevedra sen temor a equivocarte?

-Obrigo á xente a que veña. Se alguén vén a Galicia, gozar das rúas desta cidade e tomar unha cervexa na Praza da Verdura é un moi bo plan. E ademais é o punto ideal para facer base e logo saír a coñecer. Unha cidade tranquila, cómoda e ben comunicada.