Tivo ao seu tempo en contra, "pero entregouno todo a súa cultura". Foi una pioneira que acreditou en nós e que "180 anos despois do seu nacemento segue co seu legado a garantir mil primaveiras máis para a nosa lingua". Son algúns datos sobre Rosalía de Castro que lembraron onte os participantes nos actos que celebraron a Universidade e o Concello para conmemorar o Día de Rosalía.

Trátase dunha celebración impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que cada 24 de febreiro, no aniversario do nacemento da autora máis internacional de Galicia, convida á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor.

Anticipándose a esta efeméride, oito poetas e Cintaadhesiva protagonizaron o recital #RosalíaTe. Poesía e Máis, que se celebrou na Casa da Luz.

Os outros protagonistas foron os universarios. Tal e como suliña a AELG, "desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais".

Os máis novos participaron nun acto presentado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e no que tamén colaborou a profesora Ana Fernández Soneiras.

Os alumnos leron proemas e proxectaronse vídeos nun acto celebrado no acceso á Biblioteca Central do campus que se completou cun pousadoiro fotográfico coa imaxe de Rosalía e un mannequin challenge.