O Concello de Marín, co gallo do día de Rosalía de Castro e o aniversario do seu 180 nacemento promoveu una serie de actividades e eventos que culminan o propio día 24 de febreiro. Dende a Biblioteca Pública ríndese homenaxe a Rosalía cunha semblanza da autora e unha exposición de todas as súas obras. E tamén por iniciativa do Concello se lle enviou a todos os colexios de Marín una selección de poemas de Rosalía a fin de que poidan traballalos para despois poder asistir ao concerto no que se cantaran estos mesmos poemas, é unha forma de achegar a maravillosa literatura de Rosalia á mocidade. E mañán terá lugar na alameda, una ofrenda floral a Rosalía, as 19:45 horas; e seguidamente as 20:00 horas na propia Alameda , dará comezo do concerto "Rosalia entre outras " é un concerto no que Xardín Desordenado interpreta cancións compostas sobre textos de Rosalía, e tamén inclúe textos de outras seis poetas galegas de diferentes xeracións.