21 de febrero de 2017
21.02.2017

Ponte Caldelas lembra a Rosalía de Castro para celebrar o Día da Lingua Materna

Terá lugar hoxe no Centro Cultural e será un acto poético e musical

21.02.2017 | 03:08

Ponte Caldelas celebrará o Día da Lingua Materna cun acto dedicado á figura de Rosalía de Castro e que terá lugar no Centro Cultural hoxe, a partir das 20 horas.

Será un acto poético e musical, con actuacións usuarios de todas as idades da biblioteca municipal, do grupo musical "Laranxada de limón" e dun trío de acordeonistas. Todas as actuacións xirarán ao redor dos textos da emblemática escritora galega.

O goberno local tripartito (PSOE, AVP e BNG) incide así na posta en valor da cultura galega e a implicación dos veciños e veciñas na celebración de datas senlleiras.

Comezará o acto cunha presentación a cargo do alcalde, Andrés Díaz, quen dará paso ás primeiras lecturas a cargo dos usuarios da biblioteca. Textos da poetisa e tamén doutros autores dedicados á autora, entre eles un poema de Curros Enríquez e outro de Federico García Lorca cobrarán protagonismo. "Laranxada de Limón" executará un acompañamento musical para "Campanas de Bastabales" e os acordeonistas interpretarán dous temas libres.

O Día Internacional da Lingua Materna foi instituído pola Unesco o 21 de febreiro de 2000 e celébrase, dende entón en todo o mundo, para promover a diversidade lingüística e cultural, así como o plurilingüismo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .