"Os ritos e o significado do Entroido galego" é o tema da conferencia que impartirá o antropólogo Rafael Quintía neste Venres do Ateneo, a partir das 20.00 horas. Fará un repaso polas representacións do Entroido máis coñecidas e falarase da recuperación de expresións sobranceiras como os Xenerais e Correos do Ulla, ou os merdeiros de Vigo.