| A programación Cántamo en Galego! continuou onte na Escola Oficial de Idiomas cun encontro coa artista Sés, que conversou coa xornalista Susana Pedreira sobre "Opoñerse á extinción", o novo disco que a cantante e compositora presentará o vindeiro sábado no concerto que ofrecerá no Pazo ás 21 horas. As entradas poden mercarse en ataquilla.com a 15 euros.