06 de febrero de 2017
06.02.2017

Como ser un exitoso 'youtuber' en galego?

Seis cursos formarán a creadores de vídeos en lingua galega

06.02.2017 | 14:15

Seis cursos formarán a partir do mércores a todos os interesados en participar no concurso Youtubeir@s, unha iniciativa pensada para potenciar a presenza da lingua galega na internet. O Concello de Pontevedra é un dos 11 a nivel galego que participa neste proxecto, que tamén conta coa colaboración das tres universidades.
O concurso comezou en decembro, data dende a que os participantes xa comezaron a subir os seus vídeos a YouTube. Para aqueles menos hábiles coas novas tecnoloxías se ofertan agora estes cursos, que están abertos a maiores de 14 anos e que se ofrecen tanto ao público en xeral como a alumnado dos institutos de ensinanza secundaria.
Para os mellores vídeos haberá interesantes premios con contía económica. As dúas categorías "vídeo-facermos" e "vídeo-opinarmos" suporán 1.000 euros cada unha para os gañadores. Así mesmo, hai catro mencións honoríficas, de 500 euros cada unha. As bases do concurso pódense consultar na páxina web www.youtubeiras.gal.
Os obradoiros teñen 20 prazas cada un e dúas sesións. Na primeira abordaranse os consellos básicos para sacar o maior partido aos dispositivos cos que se vai a gravar, mentres que a segunda centrarase na edición do material e a súa subida a YouTube. Celebraranse entre o 8 e o 15 de febreiro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Casa das Campás. Ademáis, no Centro Social Gorgullón terá lugar un curso do 13 ao 20 de marzo, mentres que na Casa da Cultura de Lerez, o 30 de marzo.
No que respecta aos estudantes de instituto, un obradoiro terá lugar entre o 15 e o 22 de febreiro no IES Sánchez Cantón e outro entre o 16 e o 23 de febreiro no IES Torrente Ballester.
O prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s remata o 28 de abril.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .