Explorar a concepcións existentes sobre a literatura infantil e xuvenil e afondar en debates relevantes deixando atrás visións estereotipadas son duas das invitaciones que fan os obradoiros de creación literaria da Escola de Escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Desenvolveranse en doce sesión no Pazo da Cultura a partires do vindeiro día 11.

As escritoras Eli Ríos e María Reimóndez impartirán estos monográficos pensados para persoas con interese na literatura. Terán oportunidade de utilizar ferramentas para estimular a creación e "afondar no entendemento da escrita dende unha óptica crítica que poña en tea de xuízo os relatos e lecturas adquiridas e institucionalizas dende os discursos hexemónicos para o público infantoxuvenil", suliña a organización.

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, encabezou a presentación dos obradoiros, que darán paso nos vindeiros meses a outras colaboracións entre o Concello e a AELG, caso dos paseos literarios previstos para abril. A edil incidiu en que estos monográficos "van dando os seus froitos e algún dos alumnos hoxe están a piques de sacar o primeiro libro, xa que o que aprenden permitenlles participar en diferentes eidos da literatura, non somentes a infantil e xuvenil, senón por exemplo a poesía".

Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, incidiu no "ilusionante" que é iniciar na creación literaria "a rapaces, mozos e adultos. Das primeiras veces que empezamos a colaborar co Concello decía, e é verdade, que Pontevedra é unha cidade literaria, pola historia que ten, por como participa do devir do sistema literario galego y e a cidade en sí, que mima a cultura, abraza doblemente co seu patrimonio e coa súa actividad cultural, que é patrimonio inmaterial".

Fixo votos por alimentar esta vocación literaria de Pontevedra "porque ela tamén nos alimenta a nós", antes de lembrar que os alumnos destes cursos algúns rematan escribindo libros e outros exploran outros escenarios creativos, como a fotografía, a pintura etc. "O que estamos facendo e despertando a creatividade, dándolle instrumentos para que mostre as súas propias ideas".

Pola súa parte, Eli Ríos incidiu na importancia que concede o obradoiro a "aprender a deconstruir as realidades impostas ou tradicionais que nos foron dadas todo este tempo"

Os obradoiros disponen de 25 prazas. Os interesados en participar nos mesmos poden matricularse en inscripcions@pontevedra.eu.inscripcions@pontevedra.eu Atenderanse as solicitudes por riguroso orde de chegada.