Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luís Rei: "Optamos por contribuír ao desbloqueo e á vez dar un xiro social ao orzamento"

"O contrario abriría un período de incerteza, cunha solución mala ou moi mala"

Luís Rei, na rúa Cruz Vermella de Pontevedra. // Gustavo Santos

A abstención dos concelleiros da Marea de Pontevedra no debate dos orzamentos municipais, fixo posible que o goberno de Miguel Lores sacase adiante as súas contas e que non tivera que presentar unha cuestión de confianza á corporación para removelo da Alcaldía. O apoio de último hora da Marea sorprendeu e orixinou moitas preguntas sobre a nova actitude da agrupación, "salvando" os orzamentos que o BNG quería a cambio de seis enmendas que supoñen un millón de euros, nun montante de 73.

- Como foi o proceso de negociación para a abstención da Marea na votación do orzamento?

- Nós, durante todo o proceso de elaboración do orzamento falamos das distintas posibilidades. Nun primeiro momento as posicións estaban moi distanciadas, porque desde o equipo de goberno se nos dixo non a todo. Logo, na comisión de Economía, concretouse por parte dos grupos o apoio a un paquete importante de enmendas nosas. Logo iso tivo unha deriva que xa é pública e coñecida e que nos levaba ou ao desbloqueo da situación, ou a unha moción de censura. Nós sempre apelamos á negociación, sempre estivemos dispostos a negociar. Faláronse algunas cousas e finalmente concretouse en que se mantiñan as nosas enmendas, e en función diso incorporábanase ao orzamento para 2017. Os compañeiros de Marea de Pontevedra consideramos que iso era positivo, era unha boa contribución que podíamos facer á cidade e que o contrario implicaba abrir un período de dous meses de moitísimas incertezas e que ademais ía rematar cunha solución mala ou moi mala. Pareceunos mellor optar por contribuír ao desbloqueo dando ao mesmo tempo un xiro social ao orzamento do Concello.

- Recibiron presións por parte de alguén? Houbo algún tipo de instrucción de En Marea?

- Como xa dixen en anteriores ocasións, o noso único compromiso é con Pontevedra e cos veciños de Pontevedra. Froito desde compromiso somos autónomos e soberanos nas decisións que se toman en Pontevedra. Agradecemos a comprensión e o apoio que en todo momento tivemos de Luís Villares en todo este proceso, fose cal fose a decisión que nós tomásemos.

- Por que escolleron esas enmendas e non outras de maior calado, como o rescate de servizos públicos privatizados?

- Eran as enmendas que estaban desde o principio, as do punto de partida. Nós propuxemos estudos para o rescate do servizo de abastecemento de auga e de recollida de lixo e esas non prosperaron, entón, non nos parecía oportuno abrir o melón por aí. E penso que son enmendas de calado tamén, porque a renda social son 400.000 euros, a adhesión ao transporte metropolitano son máis de 200.000, o centro cívico de Lourizán son inicialmente 150.000 euros para o ano que ven, pero é probable que non chegue esa cifra e que se teña que dotar ao orzamento de 2018 da cantidade que complete a infraestructura, ou o compromiso de continuar a mellora urbana de Pontevedra pola rúa Cruz Vermella, que tamén suporá un investimento de entre 300.000 e 400.000 euros. Quero dicir que logramos mover en total máis de un millón de euros no orzamento de 2017. E estamos moi satisfeitos do que temos conseguido.

Compartir el artículo

stats