| O Ateneo Santa Cecilia e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa colaboración do Concello, organizan un acto que se celebrará hoxe, a partir das 17.00 horas, para conmemorar o Día da Restauración da Memoria Lingüística co lema "En galego, agora e sempre". Consistirá na instalación dunha placa conmemorativa nun monolito no Cemiterio Municipal de Marín dedicada á memoria de todos os defuntos. O obxectivo deste acto, no marco das tradicións sociais e culturais que rodean o Día de Defuntos, é recoñecer a importancia da memoria lingüística de Galicia nunhas datas nas que os camposantos son visitados masivamente para lembrar os seres queridos que fican ausentes. Se basa na importancia de restaurar a memoria lingüística de Galicia, tamén nos cemiterios que onte visitaron moitas persoas para horra aos seus difuntos.