| O Ateneo Santa Cecilia de Marín acolleu onte a actuación dos regueifeiros Pinto de Herbón e Suso de Xornes, nos "Venres o Ateneo", dentro do marco do programa "Pontegal" da Deputación de Pontevedra. Pinto de Herbón e Suso de Xornes protagonizaron un audaz desafío dialéctico baseado na espontaneidade, no enxeño e na orixinalidade para crear rimas. A regueifa é a manifestación máis estendida en Galicia dunha ancestral arte popular consistente na improvisación oral en verso. O Ateneo de Marín organizou esta velada de tradición popular, nunha actividade incluida na programación cultural que impulsa a Deputación de Pontevedra.