Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha reestrea en homenaxe a Castelao

"Os vellos non deben de namorarse" inicia en Pontevedra a súa xira con Teatro do Morcego

A obra de teatro quizais máis famosa de Castelao, "Os vellos non deben de namorarse", reestreouse onte no Teatro Principal de Pontevedra, a primeira parada dunha xira que levará a peza por outras vilas e cidades da provincia: Cambados, Illa de Arousa, Tomiño, Cangas, Sanxenxo, A Estrada, Gondomar, Vigo e Redondela.

Un intre da representación, onte no Teatro Principal. // Rafa Vázquez

O texto de Castelao foi inaugurado en plena dictadura española hai 75 anos, en 1941, no Teatro Mayo de Bos Aires. A celebración en 2016 do Ano Castelao, que conmemora que se cumple un século da chegada do escritor e artista á cidade de Pontevedra, fixo que a compañía Teatro do Morcego volvese a poñer sobre o escenario a peza. O director da compañía, Ceso Parada, recoñece que na obra "todo ten unha intención anovadora". "É unha peza moi ben escrita, moi do seu tempo, e que bebe do teatro tradicional galego".

Castelao inspirouse no teatro de Nikita Balieff durante unha visita a París no ano 1921, onde quedou impresionado polo uso de pezas simbólicas que el mesmo reproduciu na súa propia obra, como no caso dos retratos dos pais do personaxe de Don Ramón, que lle falan dende as paredes simbolizando a conciencia.

"Os vellos non deben de namorarse" puxo sobre o escenario a dez actores e actrices para interpretar os tres lances nos que se desenvolve a tesde que que o vello que namora a destempo vese condenado polo pobo.

Compartir el artículo

stats