Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tambo busca ideas

A asociación Irmandade Illa de Tambo promove un proxecto para o lugar

Unha vista aérea da illa de Tambo. // S.A.

A asociación Irmandade Illa de Tambo pon en marcha unha serie de actos baixo o título "A Illa de Tambo, Historia e Futuro". O programa de actividades consta de cinco xornadas, que inclúen conferencias e visitas á illa por parte das persoas interesadas, onde recibirán explicacións sobre os valores patrimoniais, naturais e paisaxisticos. Posteriormente realizarase unha posta en común en mesa redonda, sobre as posibilidades e usos que se lle podan atribuir á illa.

"Temos datos máis que suficientes para poder asegurar que a illa de Tambo pode ser un referente e un reclamo dentro dun modelo de xestión multifuncional e sostible. As persoas asistentes poderán deixar ideas e suxerencias unha vez rematadas as xornadas, nunha posta en común a modo de conclusións", explican.

Desde hoxe

As exposicións e visitas comenzan hoxe, con saídas á illa pola mañán e pola tarde. Ademais das visitas se organizan as xornadas "Tambo, historia e futuro", que dentro do Ano Castelao e coa colaboración da Deputación Provincial, tamén comenzan hoxe.

Os organizadores destacan o éxito desta convocatoria, xa que se completaron as previsións de participación dun máximo de cen persoas en cada itinerario, ficando outras tantas solicitudes sen poder cumplimentar.

Para preparar estes actos, os organizadores se entrevistaron previamente cos alcaldes de Marín e Poio, e responsables do Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial, así como co delegado de Defensa en Pontevedra, onde "se lles transmitiu a necesidade de artellar unha formula que podería encaixar en algo parecido a Terras de Pontevedra, ou nunha figura de cooperación entre os tres concellos máis a Deputación e Xunta de Galicia, co desenvolvemento dun proxecto de recuperación integral da Illa, e a posta a disposición da cidadanía", expoñen os organizadores.

Compartir el artículo

stats