18 de septiembre de 2016
18.09.2016

Unha xornada lembra que Galicia ten medio millón de topónimos

O evento, organizado pola RAG, tivo lugar no Museo de Pontevedra

18.09.2016 | 03:19
O presidente da RAG e o deputado de Cultura. // Gustavo Santos

O Museo de Pontevedra acolleu onte a Xornada de Onomástica Galega, organizada pola Real Academia Galega en colaboración coa Deputación provincial.

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, destacou a importancia de poñer en valor a toponimia e a de impulsar a recollida de microtopónimos. "É dunha riqueza tan extraordinaria que certamente teríamos que facer o esforzo de ofrecer á romanística mundial o elenco de miles e miles de topónimos", salientou. "Se falamos de microtoponimia, hai que pensar que temos rexistrados preto de medio millón, e din os especialistas que son só un terzo dos que se sospeitan que hai en toda a xeografía galega", sinalou.

O programa da xornada contou cun bloque adicado a experiencias de recolleita de microtoponimia en diferentes lugares de Galicia, entre eles as parroquias pontevedresas. Interviron María Abelleira, Xosé Lois Vilar e Anxo Rodríguez.

As experiencias educativas relacionadas coa toponimia foron narradas por Xuliar Marqués e Valentina Formoso, entre outros.

Gonzalo Navaza e Luz Méndez falaron sobre os métodos para detectar topónimos en fontes documentais dixitais galegas, latinas ou castelás, mentres que Vicente Feijoo se centrou o funcionamento da aplicación de recolleita xeorreferenciada. Pecharon a xornada, que se desenvolveu no Museo, Xermán García e Antón Santamarina.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia