Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

iFala, unha mostra para lembrar ás Irmandades

A exposición viaxa en autobús e poderá verse hoze na praza de Ourense

O edil Alberto Oubiña e Víctor Vaquero, de Ora Galega. // Rafa Vázquez

A exposición itinerante iFala chegará hoxe a Pontevedra. Esta mostra que viaxa en autobús fai un percorrido a través dunha liña temporal desde os precursores das irmandades no século XIX ata 1936, cando o golpe de estado e a Guerra Civil truncaron o proeexto de fensa e reivindicación da nosa lingua.

Trátarse dunha homenaxe, lembra a organización, ó conxunto de perosas que hai cen anos crearon as Irmandades da Fala ao longo de todo o país, co fin de defender a lingua, incrementar a nosa autoestima, fomentar a cultura e a identidade galegas, conseguir a igualdade de dereitos para a muller e atinxir a soberanía estética, cultural e política da Galiza.

O autobús aparcará na praza de Ourense e poderase visitar de 11 a 14.30 e de 17 a 21.30 horas na praza de Ourense. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, asistirá á apertura da exposición, que se completará ás 20 horas cunha visita guiada por Carlos Quiroga, profesor de Literatura Portuguesa da Universidade de Santiago (USC) e membro da asociación Ora Galega.

Ésta é a organizadora da mostra, que conta co apoio de distintas administracións públicas, entre elas o Concello de Pontevedra."

En paralelo á mostra, a partir das 17 horas un pasarrúas do grupo Tanto nos Tes anunciará pola cidade iFala e animará a xente a achegarse a ela.

A mostra será unha oportunidade de coñecer polo miudo un proxecto que arrancou o día 18 de maio do ano 1916, cando Antón Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas. Entre elas atopabanse Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte, entre outros.

Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, a exaltación e o fomento da lingua de Galicia; na mesma xuntanza nomearon a Antón Vilar Ponte primeiro conselleiro. "En pouco tempo, a iniciativa espallouse por todo o territorio, de xeito que a finais dese ano xa existían media ducia e chegou a haber case trinta, repartidas en cidades e vilas. Posteriormente constituíronse como unha plataforma a prol da lingua, a cultura e a identidade galega".

Compartir el artículo

stats