| A escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infnatil 2015, visitou onte o CEE Príncipe Felipe. A autora realizou unha breve lectura da su obra "As perpiecias de Extravaganzza Pérez" e tamén respostou ás preguntas dos alumnos do centro que, aseguran os seus profesores, "quedaron encantados coa presenza de Ledicia Costas, á vez que coñeceron e reflexionaron sobre a profesión de escritor".