O programa para hoxe inclúe o espectáculo para bebés "Pequeña Max", os obradoiros "Libro Xigante" e "Onde viven os animais? Construíndo un xoguete óptico", os contacontos "Mira ben onde pisas!", "Becho á vista!" e "A canción do sol", o espectáculo musical "A bichería canta!" e a adaptación de teatro "As peripecias de Extravaganzza Pérez".

Tamén se inclúe no Salón parte da programación de lecer alternativo "Noites Abertas", co obradoiro "Fai o teu fanzine" e "Na procura do Sinsajo".

A programación completa pódese consultar na web www.salondolibro.org e nas redes sociais Facebook e Twitter.