Os diputados do BNG, Montse Prado e Dani Rodas comprometeronse a presentar "de inmediato" iniciativas parlamentarias para paralizar o proxecto de fusión entre os concellos de Cerdedo e Cotobade.

Entenden os nacionalista que trátase dun proceso "feito de costas aos veciños e sen ningún estudo de viabilidade".

A deputada Montse Prado fixo fincapé en que se trata de "mera propaganda" e acusa aos alcaldes de "non buscar, en ningún momento, mellorar a calidade de vida dos veciños dos respectivos concellos". Neste senso, manifestan que "a solución non vai vir de fusións feitas á desesperada, que nin conseguirán frear o declive demográfico nin mellorarán a situación dos veciños, como se pode observar no concello de Oza-Cesuras".

Para o BNG, "o que se precisa son outras políticas que favorezcan o asentamento de poboación e que fagan atractivo vivir neses concellos, así como un financiamento local que teña en conta a dispersión xeográfica e o avellentamento da nosa poboación".