Mañá venres, a Asociación Queremos Galego Marín presentará, dentro da súa sección o Tiraverbas, o novo libro da escritora de Vilagarcía de Arousa Susana Sánchez Aríns, "Seique". O acto de presentación que será aberto a todas as persoas interesadas terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín a partir das 20.00 horas.