La Concellería de Educación, Benestar Social e Normalización Lingüística ofrece a todos os interesados en facer as probas para a obtención dos Celga (Certificados de Lingua Galega) toda a información necesaria, toda vez que os exames foron convocados pola Consellería de Eduación e que se realizarán en Santiago.

O prazo de inscripción para a obtención dos Celga 1, 2, 3 e 4 remata o vindeiro 8 de febreiro e a taxa de inscripción é de 15,61 euros. As datas das probas son o 2 de abril para o Celga 4; o 3 de abril o Celga 2; o 9 de abril o Celga 3 e o 10 de abril o Celga 1. Os interesados en presentarse a estas probas poden obter máis información a través de http://www.lingua.gal/portada e para calquera dúbida poden recurrir á Concellería de Educación.