O Teatro Principal será escenario hoxe a partires das 21 horas da estrea da curtametraxe "Lurna" do director gardés Nani Matos. Entre os asistentes ó debut estará a protagonista desta historia social sobre a emigración, a actriz senegalesa Diaryatou Daff.

A curtametraxe conta cun longo elenco de actores e actrices galegos como Humy Donado, Luis Iglesias, Xavier Deive, Santi Prego, Miro Magariños, Yelena Molina ou Machi Salgado.

A curtametraxe "Lurna" rodouse toda en emplazamentos da cidade de Pontevedra, agás unha noite na que o equipo se desprazou para gravar en Caldas de Reis. A equipa de rodaxe contou na preparación e execución do proxecto, segundo indidaron os seus responsables, coa colaboración da Asociación Senegalesa de Pontevedra, Diocco.

Esta curtametraxe é a terceira do realizador Nani Matos. Antes dirixiu as cintas "Dies dei" (do ano 2009) e "Flores para Amalia" (2013) que foron seleccionados e acadaron premios en festivas nacionais e internacionais. Nos tres casos Nani Matos tamén é o autor dos guións.