-En que está a traballar?

-En cuestión de meses fanse oitenta anos do comezo da Guerra Civil e penso que é un bo momento de sacar un libriño que recupere do esquecemento ao Cerdedo da República, aos seus nomes e voces. Como, ademais, o Goberno de Cerdedo entende que non é prioritario honrar a memoria das vítimas do franquismo, vinme obrigado a redactar este libro.

-Cando comezou a escribilo?

-O proxecto é o de recuperar o quinquenio republicano, a alcaldía de Antonio Sueiro Cadavide e de Luciano García Ventín ao fronte do Concello de Cerdedo. Pero para poder entender a República cómpre coñecer os antecedentes, de aí que me remonte ao caciquismo de finais do século XIV e ao movemento social para gañar a liberdade.