"Esperábame estes resultados, pero tamén pensei que Podemos/En Marea lograría máis votos. Respecto ao BNG, vexo dende hai tempo que vai a pique e que só sigue conservando dous ou tres feudos. Vaino ter difícil como non se una ás 'mareas'. Na miña opinión, o PP non vai formar goberno e tampouco creo que se celebren eleccións anticipadas".