Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Víctor Fernando Pérez: "O meu obxectivo segue a ser o mesmo do principio: volver unir á coral"

O responsable da agrupación lembra que chegou ao seu cargo polo seu traballo

Víctor F. Pérez lendo . // Gustavo Santos

Víctor Fernando Pérez accede a falar con Faro de Vigo, pero recalca que se o fai é a título persoal, que as súas palabras son só súas e non da directiva da Coral Bella Helenes, que el preside. Mostra a súa pena polos feitos que sucederon o pasado xoves durante o acto de presentación da nova directora da agrupación. No evento unha forte discusión entre os coralistas asistenes provocou a presenza da Policía Nacional. O motivo non foi outro que as discrepancias pola destitución do que fora director da Bella Helenes dende a súa fundación hai 28 anos, Manuel Pintos.

-Pese a toda a polémica que se montou estes días arredor da coral, o que é innegable é que vostede foi elixido presidente polos membros da Bella Helenes...

-A min fixéronme presidente da coral polo meu traballo, polo meu compartamento, pola miña honradez. Fun elexido nunha asamblea na que eu logrei 24 votos, fronte aos 12 e 2 que recaeron nos outros dous candidatos.

-É dicir, que contou co apoio da maioría dos coralistas...

-Por suposto!

-Por que cre que se fixo coa confianza deles?

-Eu traballei moito pola coral. Asistía a todos os ensaios, escoitábaos... Eu teño cargado coas tarimas e instrumentos só por cariño ao grupo. Levo catro anos na coral e aos oito meses xa me nombraron secretario.

-Vostede tiña claros cales eran os seus obxectivos no cargo de presidente?

-Si. Eu sabía que quería unir aos membros da Bella Helenes e poñer orde. Eu quería, dende o principio, que a coral adquirise calidade. Ademais, o meu desexo era que todos os coralistas gozasen dos mesmos dereitos, tanto os que se acaban de incorporar como os que xa levan anos.

-É certo que entre esas liñas de actuación incluiu o cambio de director?

-Non. Iso non é así. Eu o que me fixei como finalidade foi o de mudar o rumbo da coral en si. Dinlle unha oportunidade ao director para mellorar a súa actuación no seu posto.

-Vese que non houbo acordo, porque agora a nova directora é Vanesa Tilve. É unha boa aposta?

-A incorporación de Vanesa Tilve veu dada pola ausencia de Manuel Pintos. Se alguén tiña dúbidas de que el non estaba nos últimos tempos pola labor de dirixir a coral, por motivos persoais ou de saúde, os que foran, a partir da chegada de Vanesa quedou claro.

-Os compoñentes da coral están satisfeitos co seu traballo?

-É que se fixemos o cambio foi porque a xente me pediu que esa era a directora que quería. Esto eu non o fixen por capricho. A directiva en pleno estivo de acordo.

-Manuel Pintos asegura que a asamblea na que foi destituido do cargo non cumpriu coa legalidade...

-Convocámola polo medio habitual, cun cartel no local de ensaio. A xente foi a asamblea porque estaba interesada en ir. Foi con carácter de urxencia porque tiñamos compromisos. É imposible que asistira todo o mundo porque iso nunca ocorre, nin nas asambleas nin nos ensaios. A votación realizouse en urna e o resultado foi o que foi: 16 pesoas votaron pola destitución e12 pola permanencia. Ademais, había a maiores 3 votos en representación doutros tantos membros ausentes.

-O vindeiro mércores é o primeiro ensaio coa nova directora. Asistirán tamén os que votaron en contra da destitución de Pintos?

-Eu confío en que unha parte importante da coral acuda. E espero e desexo que persoas que deixaron a agrupación anteriormente alegando desacordos co antiguo director regresen agora. Ese segue sendo o meu obxectivo do principio: volver unir á coral.

-Sinte que conta co apoio dos outros membros da directiva?

-Cheguei a poñer o meu cargo á súa disposición, pero me dixeron que eu son o punto de unión e non o aceptaron. Din que me apoian por completo.

-O outro día, no acto de presentación da nova directora, a tensión era palpable...

-Porque non se entende por que tivo que asitir o antigo director. Foi só a provocar, a dar espectáculo. Ese é o cariño que lle ten á coral Bella Helenes? Foi a manipular. E iso que había outras corais invitadas, que, de feito, abandonaro o acto. Eu non teño ganas de lío nin de revancha. A miña misión é ser amable e unir á coral.

Compartir el artículo

stats