A Asociación Queremos Galego Marín inaugurará a sección do Tiraverbas do ano 2015, coa presentación o vindeiro venres 16 do libro "O alicornio, o poder do corno de unicornio na medicina tradicional", escrito polo antropólogo e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Rafael Quintía.

O unicornio é, posibelmente, un dos animais míticos máis universais e ao seu corno -o alicornio- atribúenselle desde a máis remota antigüidade moitos prodixios alén de propiedades sandadoras contra todos os velenos.

En Galiza, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para curar o mal de pezoña e outras doenzas da pel.

Rafael Quintía recolle neste libro oito anos de investigación ao redor dun dos obxectos máis interesantes da medicina tradicional galega, facendo un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes. O acto de presentación que será aberto a todas as persoas interesadas terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín a partir das 20.00 horas.