Manuel María, Carvalho Calero, Xela Arias e Fernández de la Vega. Eran os candidatos ós que superou en votos Xosé Filgueira Valverde para ser homenaxeado o vindeiro 17 de maio no Día das Letras, un recoñecemento que o presidente da Real Academia Galega considera "de xustiza" e unha oportunidade para estudiar como sobreviviron (e se adaptaron) ó franquismo moitos intelectuais galegos.

-Que lle parece a nova polémica no Concello pola homenaxe a Filgueira?

-A polémica pareceme ben e pareceme mal, pareceme ben porque toda polémica sempre aporta elementos, claro que unha parte da vida e da bibliografía de Filgueira Valverde é algo que transcorre no franquismo, e polo tanto falar da relación franquismo-Filgueira Valverde, se se fala en termos científicos, é importante, falar para aldraxar, para decir falsedades como que se negou a declarar no xuizo de Bóveda son eso, falsedades, non se negou, ninguén se negaba se era chamado por un tribunal militar a ir a declarar, polo tanto, a polémica ten elementos negativos en canto nela interveñen xente que sabe pouco e tipos sectarios, pero na medida en que interveñen persoas que non son sectarias e que teñen un certo saber, aínda que non teñan gran simpatía á figura intelectual á figura de Filgueira bueno, os puntos de vista críticos que se expoñan hai que telos en conta. De todos os xeios o que me gustaría é que vostede recollese que é a primeira vez que hai unha polémica de este tipo, porque Ramón Cabanillas non suscitou esta polémica no 1976.

-E Risco? E Cunqueiro?

-Xusto, Cabanillas pasa de Valencia a Cambados en plena guerra civil e semanas despois vai a Salamanca e xura polo caudillo e polo Anxo Custodio pero, bueno, como teño dito o problema é estudiar a Filgueira, a Cabanillas, a Risco, a Cunqueiro, a quen sexa, para saber como se vive e como se sobrevive no 1936 e nos anos da guerra civil e, sobre todo, nos primeiros anos da postguerra. Cabanillas tivo que facer ese xuramento, e Risco fixo declaracións que ruborizarían a calquera, e Cunqueiro fixo declaracións que ruborizarían a calquera, e Celso Emilio Ferreiro fixo un romance a Franco, Díaz Castro, a quen inda estamos homenaxeando, traballou no Ministerio da Gobernación cando non se chamaba de Interior co seu saber de poliglota ó servicio do coronel xefe da Intelixencia española; pero todo esto non o digo como denuncia de determinadas actitudes dos escritores senón que son escritores que no contexto da guerra civil ou dos primeiros años da postguerra de pronto tiveron que protagonizar peripecias que fundamentalmente viñan impostas polas circunstancias, e do que se trata é de saber cales son esas circunstancias, que persoas estan por riba desas circunstancias e que personas tiveron que sobrevivir nese escenario.de circunstancias tan duras.

-Por que elexir a Filgueira Valverde como autor homenaxeado nas Letras Galegas 2015?

-Foi a proposta de tres académicos e logo nas distintas deliberacións foi quen tivo mais votos, a Academia neste sentido móvese pluralmente, eu penso que representa en boa medida a pluralidade que hai na sociedade, na sociedade hai sectores que non sinten un gran entusiasmo hacia Filgueira Valverde pero hai sectores tamén moi numerosos que si o sinten, e na Academia hai persoas que non votaron a Filgueira Valverde e persoas que si o fixeron, e non hai mais misterio.

-Vostede tamén o propuxo no seu día

-Si, a proposta ten que ir avalada por tres firmas, eu propuxeno fai anos, Ferro Ruibal propuxoo despois, e esta vez tamén foi proposto e esa candidatura foi a finalmente gañou.

-Que o que máis destaca da obra de Filgueira?

-No plano estrictamente da investigación literaria creo que é onde ten os maiores logros, e destacaría que é unha das grandes autoridades mundiais na segunda metade do século XX como estudoso da lírica medieval galego-portuguesa, sobre todo no periodo que vai do ano 30 ó 70, porque a partir do 1970 veñen os filólogos italianos e xa teñen outra modernidade, pero eu recordo cando en 1980 fumos a un congreso en Tréveris, onde naceu Carlos Marx e onde executaron no 385 a Prisciliano, e os filólogos brasileiros e portugueses, pero sobre todo os italianos, para eles o congreso era poder ver a Filgueira, porque para eles Filgueira -é unha cita, o autor de traballo eurito que casi casi pensas que non existe, e tiveron ocasión de ver a Filgueira, falar con él, xantar e debater con Filgueira e é como si chegase alí o monstruo do saber filolóxico medieval, eso é o que eu destacaría e, claro, das obras a que mais destaco, vaise ver en breve nun libro que estou casi finalizando, é a súa tese de doutoramento.

-A que a adicou?

-Á cantiga 103, esa cantiga que se considera localizada no monasterio de Armenteira, a do paxariño que cantou 300 anosporque un monxe lle pedira á Virxe, bueno, todos coñecen o argumento, pois a de Filgueira é unha monografía exemplar, exemplar no sentido filolóxico, como traballo de literatura comparada a súa tese de doutoramento lida en Madrid no ano 1935 e publicada no 1936, non hai outro na Península Ibérica anterior como traballo de literatura comparada. O que pasa é que Filgueira era un sabio en moitos saberes, en arqueoloxía, en historia da arte, en folclore, e logo tiña duas grandes especialidades, Compostela e Pontevedra, era o máximo pontevedrólogo que ten dado o mundo e un dos máximos santiagólogos, como estudioso da arte de Santiago, das peregrinacións, da literatura ligada ó feito de Santiago, da peregrinación, etc, Filgueira é un poligrafo, quizais despois da morte de Otero Pedrayo, que morre no 1976 e el 20 anos despois, eran ademais amigos, Filgueira é o último polígrafo galego.