Un ano máis, o Culturgal será o gran escaparate da cultura e nel terán cabida desde o sector do libro ás artes escénicas o audiovisual ou as novas tecnoloxías, pero tamén ofertas coma a gastronomía, que será unha das novidades da edición 2014, segundo avanzou o director de Culturgal, Xosé Manuel Aldea.

Éste explicou que a cociña terá por primera vez un lugar específico para presentar novidades literarias, músicais ou escénicas relacionadas con ela e no que se celebrarán espectáculos de showcooking.

"Somos conscientes do motor económico que supón", engadiu ó explicar que se busca que a feira xenere sinerxias e productos culturais novidosos vincualdos á gastronomía.

Outra das novidades do Culturgal deste ano é que por primeira vez o acceso será de pago. O asistentes pagarán unha entrada simbólica (2 euros os adultos e 1 os nenos) a fin de afondar na corresponsabilidade "e implicación do público, que é vital para a sostenibilidade da feira", sinala o director.

Éste acompañou ó conselleiro de Cultura, á concelleira pontevedresa Anxos Riveiro e ó presidente da Asociación Culturgal na presentación do certame, que xa abriu o prazo para solicitar estands (cun custo idéntico ó de anteriores edicións) e facer propostas artísticas. Tamén está aberta na web do Culturgal a convocatoria para os espectáculos especiais que se celebrarán na noite do sábado e na mañá do domingo. Xosé Manuel Aldea incidiu en que "na pasada edición o concerto da noite ofreceuno Kepa Junquera e foi un éxito".

Pola súa banda, Xesús Vázquez salientou a especial atención que a feira da ós nenos, "facéndoos partípicipes da festa do Culturgal cos seus centros e familias" e construindo así futuros consumidores "preparados e críticos". Tamén gabou a aposta pola corresponsabilidade "con ese simbólico pagamento" das entradas.

Manuel Bragado referiuse ós ultimos datos do Observatorio da Cultura Galega para lembrar que se trata de un sector "estratéxico a nivel económico e cultural", que supón o 2,58% do valor engadido bruto de Galicia.

O Culturgal manterá a o orzamento de anteriores edicións. Xunta e Concello renovan as súas subvencións, pero non así o Ministerio de Cultura, de xeito que "temos que facer un esforzo, buscar novos patrocinadores de empresas privadas e administracións", engadiu o presidente da Asociación Culturgal.

Na pasada edición 14.000 personas visitaron o Culturgal, de xeito que as entradas do público poderían aportar uns 20.000 euros.

Galicia conta, segundo as enquisas do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, con 5.440 empresas culturais.

O citado observatorio sinala neste punto que nos últimos 5 anos este censo medrou en 26 unidades, namentres no total de España o descenso foi de 1.170, "unha tendencia positiva para a comunidade galega, que se estabiliza no 5,4% do total das empresas culturais situadas en España, unha décima porcentual por riba de anos anteriores".

Con todo, como lembrou Manuel Bragado, hai subsectores que encaran momentos moi difíciles, como poden ser as artes escénicas ou audiovisuais. Outros están casi condenados, caso das empresas relacionadas con actividades de comercio e aluguer de vídeos, moi afectados pola implantación das novas tecnologías e a rede.

As empresas relacionadas con vídeo figuran entre las que experimentan unha maior caída dende 2010. Con elas, as relacionadas co cine, radio e televisión e edición musical.

No polo oposto, o Observatorio da Cultura Galega sitúa as que se ocupan "de cuestións vinculadas ás bibliotecas, arquivos e museos, e en menor medida, pero tamén cunha tendencia positiva, a edición editorial".

O 99,6% pequenas empresas

Polo que respecta ó número de asalariados, o autoemprego é a fórmula dominante no sector cutural galego. En 2013 o 58,3% das empresas non tiñan ningún asalariado.

Só 27 empresas culturais en Galicia teñen máis de 50 empregados, xe xeito que o 99,6% son Pemes.

Polo que respecta á creación de novas empresas, segue a experiementar una tendencia negativa: en 2012 fundaronse 65; 47 o ano pasado e 28 ata o pasado mes de abril, aínda que podería estar cambiando esta progresión xa que, como lembra o Observatorio "nos catro primeiros meses deste ano crearonse case o dobre das empresas que naceron no mesmo periodo de tempo en 2013".

As actividades relacionadas co deseño, a creación artística e os espectáculos son as máis presentes na nosa industria cultural, de xeito que "Galicia é a quinta comunidade autónoma española por número deste tipo de empresas".

O gran reto do sistema productivo da cultura galega segue a ser a exportación, xa que as empresas venden moi pouco fóra.