28 de mayo de 2014
28.05.2014

Unha exposición recolle os 2.460 topónimos de Santo André e Santa María de Xeve e Verducido

28.05.2014 | 01:49

A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle dende onte a exposición Chamadeiros que recolle a toponimia das parroquias de Santo André e Santa María de Xeve, e de Verducido. A exposición recolle o traballo de dous anos de entrevistas, pequisas, reunións e moitos paseos polas parroquias, feito por Segundo Feijoo Fariña, en Verducido; María Abelleira Fontán en Santa María de Xeve, e Alberte Reboreda en Santo André de Xeve.

Ademais de dar a coñecer os chamadeiros dos lugares das parroquias, a exposición tamén pretende abrir unha fase de correción da información recollida naquel traballo de campo. Os mapas poderán ser correxidos incorporando as novas informacións dos veciños a través duns formularios que hai na propia exposición.

O número de topónimos recollidos nas tres parroquias foi de 2.460 e foron 62 os informantes nestas zonas do concello.

A exposición está integrada por 19 mapas: 6 de Santa María de Xeve, outros tantos de Verducido e 7 de Santo André de Xeve.

A información dos denominados Xeves estará exposta ata o 27 do vindeiro mes de xuño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca