02 de mayo de 2014
02.05.2014

"Os maios conservaron o galego na postguerra"

"O que tiñamos era o galego das nosas nais, conservado nos muíños, lavadoiros, nas leiteiras..."

02.05.2014 | 02:02
Antón Roel Villanueva. // R. V.

ANTÓN ROEL VILLANUEVA - Autor da "Benvida ao Maio" 2014

A celebración do renacer da natureza despois do longo inverno e do comezo do ano agrícola tivo onte un pregoeiro, Antón Roel, que falou dun tempo, a súa infancia, ói abeiro dun río, o Gafos, hoxe sepultado polo formigón.

-Que significaba para los nenos dos anos 60 a Festa dos Maios?

-Era vir ó centro de Pontevedra, no noso barrio era o noso mundo e esta festa significaba ver, tamén estrear, igual ca no Domingo de Ramos, e na época máis ou menos de fame tamén era gañar a rosca e a posibilidade de gañar o premio.

-Como era entón a celebración?

-Era unha festa moi bonita na que nos implicabamos todo o barrio. Nacín na Virxe do Camiño e a nosa finca, o noso verxel, era a parte do río dos Gafos que está agora tapada, dalí era donde collíamos todo para o maio.

-Como era o seu barrio?

-Daquela era un barrio periférico, prácticamente os de Virxe do Camiño viñamos ó centro o Domingo de Ramos, nos maios e nas festas da Peregrina cando eran na alameda.

-É unha das poucas festas tradicionais que se manteñen no tempo...

-Si, ademais debese suliñar a importancia que tivo esta festa para a conservación do galego, despois da Guerra Civil a única literatura en galego permitida eran as coplas dos maios, así que os maios foron chaves para a conservación do galego na postguerra, pódese decir poéticamentte que así coma os cucos traen a primavera os maios daquela traían o galego a unha Pontevedra que tiña completamente esquecida o galego, nos sesenta ou setenta, cando eu andiven nos maios, era unha cidade de señoritos, un pouco caciquil, e o galego non tiña espazo, así que este era un xeito de conservar o galego e traelo aquí. Nós por exemplo tampouco o falabamos moito, estabamos escolarizados en castelán, claro, pero o que tiñamos nós era o galego das nosas nais, que se conservaba nos muíños, nos lavadoiros, nas señoras que viñan a vender productos da hora e nas leiteiras, que tiveron moita importancia.

-Nese sentido fixemos moito avance.

-Moito, claro, pero ademais compre lembrar que o maio de Pontevedra é un dos máis antigos de Galicia, o maio cónico é un dos máis antigos. - clásicos como Curros ou Castelao falaron del, do agromar do bo tempo e da conservación nel do galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia