O Festival Internacional da Lusofonía, "Cantos na Maré" extende este ano as súas ondas para chegar a outros lugares con outros proxectos de actividades vinculadas ao mesmo. O Pazo da Cultura acolleu onte tenolab, destinado a estudantes de escolar de Image e Son de Galicia, mentras que no salón de actos, 75 rapaces dos centros escolares Álvarez Limeses e Lourido asistiron ao obradoiro "Vibracións na Maré" con Xosé Manuel Budiño, o gaiteiro de moaña que participará no festival.

Foi una experiencia vibrante onde os cativos poideron coñecer algúns instrumentos, as diferentes sonoridades que poden conseguirse con eles, as emocións que poden expresarse a través da música, a linguaxe máis universal, onde poideron sentir o ritmo e expresalo a través do movemento corporal.

Esta actividades completouse onte con unha charla na Casa das Campás, que tivo lugar pola tarde, na que pretendeu afondar na relación entre música, poesía e artes plásticas a través de dúas obras: o libro-disco "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle, con ilustracións de Marina Seaoane, e o libro disco "Na lingua que eu falo", de Najla Shami, con fotografías de Ainoa Calvo.

Esta activide estuvo dirixida a músicos, ilustradores, fotógrafos, escritores e estudantes de Belas Artes, de Comunicación Audivisual e de Educación Musical.

Hoxe haberá unha charla musicada con Amancio Prada en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Será na Casa das Campás, as 20 horas. Os asistentes a este encontro terán a oportunidade de gozar dun momento íntimo con este artista, que contará e cantará a estes dous poetas que tanto o inspiraron no seu traballo.

Concerto

O concerto terá lugar mañán, sábado, as 21 horas no Pazo da Cultura en contará coa participación de Amancio Prada, Vitor Ramil (Brasil), Gabriela Mendes (Cabo Verde), Luiz Caracol (Portugal) e Budiño (Galicia) que farán unha nova lectura da nosa poeta Rosalía de Castro, reinterpretada á luz dos problemas de hoxe.

Cantaranlle tamén a outros autores da lusofonía, facendo da poesía o centro deste concerto único e irrepetible. A mesma lingua, pero de m oitas cores, unida unha vez máis baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.

Noutros países

O Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré pretende convertirse nun "proxecto itinerante" que chegue a Cabo Verde, Brasil e Portugal. Un dos asistentes será o director da Casa da Música de Porto, Antonio Jorge Pacheco, coa perspectiva de que a cidade portuguesa poida acoller unha réplica deste espectáculo.

A directora artística de Cantos na Maré, Uxía Senlle, aspira a "que o festival crezca" e se mostra "satisfeita da sua consolidación duns anos a esta parte". Con Galicia como "país anfitrión" e Pontevedra como sede permanente, o seu obxectivo sigue sendo trazar "un mapa común entre os territorios da lusofonía".