A asociación "Queremos Galego-Marín" presentou onte una nova campaña de defensa do idioma tras as súas anteriores iniciativas de concienciación á la cidadanía con distintos motivos que resultaron un éxito de atención en xeral.

A próximidade das datas nas que se lembra de xeito especial aos mortos en cada familia anima a este colectivo a levar a cabo unha nova campaña de reflexión cidadana.

Según manifestou a presidenta do mesmo, "o galego é o idioma maioritario na vida e non pode ser excluído ou proscrito no proceso da morte e na súa lembranza posterior e, os poderes publicos galegos teen advertido xa esta situación e obrado en consecuencia producíndose varios acordos unánimes no Parlamento de Galicia na liña de que todas as empresas e servizos que actúan no proceso da morte sexan quen de realizar en galego as súas actuacións".

Estima o colectivo tamén que "a próxima celebración da data de defuntos debe ser aproveitada para reflesionar sobre esta situación xa que, facerlle a despedida en caetelán a persoas que amaron e se expresaron en galego, é unha falta de respecto a súa verdadeira identidade e cabería ampliar a recente e famosa campaña "vivimos como galegos" decindo tamén "morramos como galegos".

Actos a celebrar

Dentro desta campaña de concienciación "Queremos Galego" diseñou dous actos públicos, o primerio deles a conferencia o día 28 no museo que Marcial Gondar Portasany, profesor de Antropoloxía social en Santiago de Compostela que será presentado por Rubén Arambur ofrecerá sobre "Cultura da morte en Galicia e saude mental; Lingua e cultura como terapia", e o segundo, o día 29 cun un taller de cabazas para nenos e nenas, e o concerto de "A ghaita do avó" na Residencia de Maiores.