01 de junio de 2010
01.06.2010
XOSÉ ENRIQUE ACUÑA - Premio da Crítica 2010 de Ciencias e Artes da Representación

"Hoxe estamos a anos luz daquela cidade de Pontevedra oscura no cultural"

"A destrucción do chalé de Tafisa e, case con nocturnidade, do Teatro Malvar, son erros que me doen especialmente"

01.06.2010 | 10:11
Xosé Enrique Acuña coa estatuiña do Premio da Crítica 2010. // Rafa Vázquez

S. REGUEIRA - Pontevedra
O editor e escritor pontevedrés Enrique Acuña ven de recibir o Premio da Crítica 2010 na modalidade de Ciencias e Artes da Representación. O xurado recoñece con este galardón a súa "longa e continuada contribución a recuperación da memoria gráfica e visual de Galiza por medio dunha trasectoria configurada desde un amplo abano de publicacións, edicións e, sinaladamente, como comisario de exposicións fundamentais para a restauración e posta en valor da nosa historia contemporánea", segundo se recolle na acta dos calificadores.
—Que representa o Premio da Crítica 2010?
—Sobre todo representa o meu agradecemento ao xurado porque non é un premio a unha labor concreta senón que se me recoñece unha labor de anos no mundo da cultura. E además é todo un honor recibilo xunto a amigos como Suso de Toro, Miguel Barros, Forcadela e rodeado de tanta xente implicada na defensa da cultura galega e do seu idioma, é un momento especial na vida.
—O xurado fai referencia ás suas publicacións e exposicións. De cal traballo se sente máis satisfeito?
—Todo os traballos se abordan con moito cariño e ilusión, pero quizais me sinto especialmente reconfortado coa exposición Memorial da Liberdade. Represión e resistencia en Galica.1936-1977, que se desenvolveu no Ano da Memoria en Santiago de Compostela, pero tamén me lembro das primeiras exposicións que realicei en Pontevedra como por exemplo a adicada ao fotógrafo Pintos e en xeral todas aquelas mostras que foron a miña etapa de formación no Museo de Pontevedra nos anos oitenta, pero en xeral de penso que de todos os libros, exposicións e traballos un ten que estar orgulloso.
—A memoria, a necesidade da cultura, o galego... Son temas que traballa na súa obra...
—O xurado fala do meu papel como recuperador da memoria visual, gráfica, de Galicia, sobre todo a través da fotografía e da cinematografía, pero eu sempre quixen estar atento a todas as persoaxes, a todos os homes e mulleres esquecidos pola historia, que aínda formando parte da historia plenamente contemporánea estiveron moitas veces agachados e esquecidos e, en particular, quixen estar atento á recuperación da memoria das vitimas do franquismo.
—Pontevedra foi unha cidade pioneira na retirada de símbolos franquistas.
—Si, eso é certo e cumpriuse unha labor fundamental. O que acontece é que nunca se debe de perder a tensión sobre a defensa das vítimas, vítimas que por outra parte están xa amparadas por unha lei, por todo eso me sorprende e doeme moito que certos cargos políticos se adiquen a xogar "as casitas" con monumentos adicados ás vitimas do franquismo e en particular estou falando do monumento a Castelao en Pontevedra que nin sequera é propiedade do concello e que foi indignamente cambiado de lugar cando a súa instalación á brava forma parte da historia de Pontevedra, nunca se repite o suficiente que temos que ter moito coidado en respetar sobre todo a memoria das vitimas e Castelao foi unha gran vítima do franquismo.
—Como voceiro do movimento cidadá pola peatonalización, que lle parece Pontevedra dez anos despois de iniciado aquel proceso?
—Estou moi ilusionado daquel proceso de defensa da peatonalización, de darlle unha cara nova a aquela cidade tan gris e aburrida, tivemos un apoio inmenso dunha cidadanía que actuaba por intuición de querer unha nova cidade, máis alegre e participativa e esa intuición convertiuse nunha realidade, agora incluso moitísimos opositores iniciais a aquel proceso de dinamización da cidade están totalmente dacordo e están gozando desta nova cidade. Ao mellor é a maior satisfacción: ver que o proceso funciona e que desde o punto de vista cultural Pontevedra na última década tivo unhas melloras considerables, hoxe estamos a anos luz daquela Pontevedra oscura no cultural. E eso é o resultado do traballo de moita xente insistindo na formación cultural, na divulgación e na defensa da lingua galega, todo eso foi fundamental para crear este ambiente do que hoxe disfrutamos.
—Todo eso polo que acontece ás ganancias; e no campo das perdas que pensa que tivo que conservar Pontevedra neste decenio e que non soubo protexer?
—Pois a min doeme moito a perda de calquer sinal de arquitectura industrial de Tafisa e sobre todo a cobarde destrucción do chalé dos obreiros da fábrica e esa desaparición case con nocturnidade do Teatro Malvar, doenme especialmente ambos feitos e penso que a desaparición destes dous elementos arquitectóricos outros anos signifaría movilizacións e manifestacións para evitalo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores