Non hai un tipo de muller, hai tantos coma mulleres. “Hai mulleres comprometidas e frías, fortes, débiles, violentas, hai todo tipo e o que temos que pensar é que se na sociedade hai espazos que ocupar por que non os van ocupar elas, e se elas queren ir á mili tamén”, explica Pilar Álvarez, “outra cousa é que a Marcha das Mulleres pense eso, nós somos antimilitaristas, abogamos por outros valores de paz, igualdade, xustiza, liberdade e desmilitarización, pero eso non quere decir que todas sexamos pacifistas e antimilitaristas, quede claro que as mulleres non somos todas dulces, boas e pacíficas, nós somos diferentes, coma os homes”

—O 8 de Marzo de 2010 trae mellores novas para as mulleres que a mesma data de 2009?

—Non, non trae mellores, outra cousa é que sigamos na loita, pero nun ano non se consigue cambiar o mundo. Nós insistimos desde a Marcha das Mulleres que é unha cuestión de valores, dos que imperan nesta sociedade, hai que cambialo e eso son décadas, non se nota dun ano para outro.

—Nun ano de crise o comportamento laboral das mulleres é máis positivo. Eso o que quere dicir é que cobran menos?

—Claro, capeamos mellor a crise porque somos máis baratas (risas), o traballo que maioritariamente e históricamente desenvolven as mulleres son os máis precarios, aínda que a un tempo os máis necesarios para a sociedade, entón na crise manteñense, claro, manteñense precariamente.

—Son reivindicativas as mulleres da comarca?

—Máis ou menos, as veces o de reivindicar é tamén unha cuestión de informarse e de querer intervir, penso a Marcha Mundial de Mulleres desenvolve unha labor de informar, de explicar qué cousas facemos e por qué e vemos que a xente responde. E despois hai outra xente, unha con moita conciencia e outra que tamén discrepa porque pensa que según que cousas tampouco van valer pra nada, que non se logra cambiar, pero penso en xeral que os pontevedreses responden e é certo que nos últimos anos cambiaron moitas cousas a nivel de conciencia. Outra cousa é que o sistema capitalista, máxime con esta crise, sexa moi forte e extenda todas as suas redes por todas partes e que así sexa moi difícil cambiar e mellorar as cousas.

—Este ano a Marcha fai a terceira acción mundial...

—Si, cada cinco anos a Marcha Mundial das Mulleres facemos unha acción mundial para marchas todas xuntas e neste ano centramonos nunha reivindicación, que é a desmilitarización mundial. Empeza o 8 de marzo en todo o mundo e rematará 0 17 de outubro no Congo. E como símbolo elaboramos unhas “marchantas”, que son bonecas de dous metros e medio que camiñan, que marchan. A boneca que se fará en Pontevedra presentarase nos actos do 8 de Marzo e posteriormente elexirase en Santiago á que representará a Galiza na final en Congo.

—Que actividades fará este ano no 8 de Marzo a Marcha Mundial?

—O lema desde ano é Cen anos loitando, cen anos creando, porque é o centenario da proclamación do 8 de marzo como Día Internacional das Mulleres. E imos facer un obradoiro a partires das 6 da tarde, será en concreto un obradoiro de creación e a partires das 20.30 teremos a concentración cunha dinámica de grupo e a lectura do manifesto. Posteriormente, ás 22 horas, imos ter festa feminista (que non de mulleres, xa que tamén se poden apuntar homes) no pub A Cabaña.