09 de octubre de 2009
09.10.2009
María Pilar García Negro - Autora do Libro "De fala a lingua: un proceso inacabado"

"Resulta difícil entender o odio ao galego que se disfraza fariseicamente de bilingüismo"

"Se houbese bilingües benévolos é de pura lóxica que apoiarían a protección do galego"

09.10.2009 | 01:41
Pilar García Negro

Autora de numerosas publicacións sobre la literatura, a lingua galega e a sociolingüística, Pilar García Negro é corredactora da Declaración Universal de Direitos Lingüísticos e unha voz coñecida do nacionalismo. Onte presentou na galería Sargadelos, dentro dun acto organizado pola asociación cultural Maio Longo, o seu novo libro, "De fala a lingua: un proceso inacabado".

—Qué aborda nesta nova obra?

—O título quere ser expresivo dunha crise que aínda padece a lingua de noso. Ésta non ten igualdade legal nin moito menos material na sociedade á que pertence. Fai uns 150 anos iniciouse un proceso de recuperación de usos sociais e públicos, ese uso ampliouse considerablemente, desde fai máis de 20 anos contamos cun dispositivo legal e institucional que nominalmente declara a necesidade de fomentar o uso do galego mais en 2009 estamos lonxe de considerar ao galego o idioma normal que debe de ser no seu territorio.

—Afirma que o galego afronta numerosos perigros que ameazan a súa saúde ¿a qué se refire?

—Son ameazas de grande importancia porque para empezar o goberno que tiña que velar polo cumplimento da lexislación e por aumentar todas as medidas favorabeis á presenza social do galego e ao que se adica é a desmantelar usos xa consolidados e a tentar borrar unha forma ilegal os mínimos avances que neste terreo se produciron xa nas últimas décadas.

—Como observadora diríalle que o debate lingüstico é inexplicábel: diglósicos reclamando bilingüismo, unha lingua que perde un 30% de falantes en cada xeración e que algúns califican de "ameaza" para o castelán... ¿Vostede entende algo?

—(risas)Eu entendo algo pero é certo que non é doado: para entender algo e facelo ben non hai máis que querer ser galego exercente as 24 horas do día, se vostede quer realizar enteiramente a súa vida en galego non pode, é materialmente imposible. Se quer que o idioma que usa, o galego, lle sexa devolvido nos medios, na xustiza, na práctica relixiosa, na administración, en todos os lugares onde nos vemos obligados a concorrer verá que é imposible. Quen queira realmente enteirarse do conflicto lingüístico abonda con que o use fóra dos espacios tradicionais como certas festividades, a taberna, a casa ou falar se se me permite "coas zapatillas postas" si que se permite, ata se permitiu na ditadura, pero o tema é levar o galego a todos os espazos e funcións onde non se discute a naturalidade do español. Si consideramos que o galego é unha lingua teremos o dereito a exercela como tal e non hai linguas de primeira e segunda división, calquera vale para todo. Pero sí que ás veces resulta difícil entender o odio contra o galego que se disfraza fariseicamente de bilingüismo, de Galicia Bilingüe e de esas artimañas.

—¿Non pensa que o que necesitamos é precisamente bilingües?

—Ogallá os houbese, se houbese bilingües benévolos é de pura lóxica que estarían apoiando calquera medida mínima de protección do galego, por pura ética. Do mesmo xeito que en termos democráticos quen defende a igualdade entre homes e mulleres apoia calquer medida que contribúa a elevar a condición feminina. A un bilingüe pacífico endexamais o escoitará condeando ao galego, pero aquí trátase da xustificación dun proceso de exclusión do galego, molesta a súa mínima presenza porque é o gran recordatorio de que non somos un anaco residual da Península senón que temos identidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine