02 de abril de 2009
02.04.2009
Marín

O Concello organiza o espectáculo "Maxia Marín", que poderá verse na Alameda do 10 ao 12 deste mes

Levarase a cabo na Alameda e está organizado pola Concellería de Cultura

02.04.2009 | 02:00
Un mago fai o seu espectáculo diante dos rapaces do colexio Carballal.

Os alumnos do colexio Carballal de Marín recibiron unha visita inesperada, pero moi entretida. Ata alí se desprazaron os magos Romarís e Martín Camiña, xunto coa concelleira nacionalista Esther Crespo, para ofercerlles un pequeno espectáculo de maxia. O obxectivo desta actividade non era outro que amosarlle aos rapaces e rapazas do centro educativo unhas pequenas pinceladas das actuacións que se enmarcarán dentro da sétima edición de ´Maxia Marín´, programa organizado pola Concellaría de Cultura do municipio morracense.

Para que os nenos se fosen facendo á idea do que poderán ver os próximos días 10, 11 e 12 de abril na Alameda, os magos fixéronlle aos pequenos unha pequena exhibición. Así, poideron ver como un pano de mans de cor vermello pasaba por obra de maxia do sombreiro de mago Romarís ao bolsillo do mandilón dunha das nenas do centro; a transformación de pequenos cachos de papel nun fermoso gorro, con bolso a xogo incluído, ou como un dado viabaxa dende a mesa do mestre ata o chapeu do mago.

A actividade foi moi ben acollida por todos os alumnos, que se mostraron en todo momento dispostos a botarlle unha man aos profesionais da maxia para que o espectáculo saira redondo.En canto ao programa en sí, destacar que o venres, día 10, estará reservado para a Maxia de Cerca, coas actuacións dos magos Camiña, Romarís e Vituco. O primeiro pase será ás 16.30 horas. Este día tamén haberá maxia na Casa da Cultura de Seixo, ás 21.00 h, da man de Cayetano Lledó; e na Casa da Cultura de San Xulián intervirá o mago Richard ás 21.00 horas.

O sábado, pola súa banda, tocaralle o turno a Maxia de Salón. Actuarán os magos Yurgen, Miguelillo, Martín Camiña e Cayetano Lledó. O primeiro espectáculo comezará ás 12.00 horas. Pola noite, a actividade trasládase ás parroquias. Na Casa da Cultura de Santomé estará Vituco, ás 21.00 horas; na Casa da Cultura de Mogor, ás 21.00 horas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine