O servizo de xardinería do Concello, dirixido por Raimundo González Carballo, continúa cos traballos de mellora das entradas da cidade, seguindo a liña emprendida na avenida de Compostela ou na ponte dos Tirantes nos últimos meses. Agora a intervención centrarase na avenida de Uruguai, dende Maxisterio ata Valentín García Escudero, incluida a rotonda de Pai Amoedo coa ponte de Santiago.

A actuación neste punto continuará a liña realizada nas Corvaceiras e na avenida de Uruguai, con prantas residentes especialmente pensadas para estes espacios con moita exposición ao sol e, polo tanto, moi duras. Empregaránse, tamén, materiais tapizantes na mediana, e riego por goteo ao ser o sistema máis eficiente para o mantemento nesta zona. Precisamente, as especies que se empregarán requiren pouco rego. Os materiais escollidos serán tapizantes de lousa e maias antiherbas para reducir o mantemento destes espacios o máximo posible, xa que se busca a maior calidade estética co menor mantemento.

Especies

Sobre as especies escollidas primarán aquelas que ofrezan variedade estacional así haberá prantas de folla caduca, xunto con azaleas, e distintas variedades que ofrezan cambios nas distintas estacións.

A rotonda de Pai Amoedo recibirá un trato especial xa que disporá de oliveiras, plantas tapizantes con flor, algunha variedade singular de palmeira que manteña a mesma disposición que diante do Náutico.

A Concellería de Medio Ambiente Urbano pretende continuar cos traballos de mellora dos espacios verdes de entrada á cidade xa que sempre son a primeira referencia para o visitante, e elevada a calidade paisaxística dos residentes en Pontevedra.

A intervención prevista dende Maxisterio ao Mercado manterá os criterios de harmonía paixasística que se busca noutras zonas como na avenida de Compostela ou nas rotondas da ponte dos Tirantes, tratando de integralas no contorno da cidade.

Os traballos comezarán na semana que mañán comenza e discurrirán con rapidez, polo que é previsible que en poucos días se observen estas zonas verdes melloradas, especialmente para mellorar este ámbito de cara ás festas. A inversión prevista pola Concellería de Medio Ambiente Urbano alcanza os 60.000 euros.