Máis de 132.000 alumnos, se sumamos todas as ensinanzas non universitarias (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos) deixan as aulas. Ao facer balance, o delegado de Educación fala de meses "tranquilos, sin grandes incidencias; globalmente estou contento do desenvolvemento do curso, houbo efectivamente problemas diarios coma sempre, pero non grandes incidencias e todo foi con total tranquilidade".

-Que novidades haberá no vindeiro curso?

-Estamos aínda rematando este curso pero sí que temos previstas novidades para o seguinte, fundamentalmente no tema das linguas: a primeira lingua extranxeira vaise impartir desde os 6 años, é dicir desde primeiro de Primaria, se antes comenzaba aos 8 anos, agora será antes; e a segunda lingua estranxeira pasarase a impartir como obrigatoria -antes era optativa- xa en primeiro da ESO, e tamén en segundo.

-Manterase a gratuitade dos libros de texto?

-É algo que xa se consolidou este curso, xa se extendeu a toda a Primaria e Secundaria e lóxicamente polo tanto vaise manter, ademáis incrementarase en torno a un 11% a cantidade media que se lle otorgaba por lote a cada alumno.

-Medra a poboación escolar estranxeira?

-En Pontevedra está en torno ao 3,5 a porcentaxe de alumnado non español, na provincia son uns 4.500 alumnos. Non teño datos comparativos respecto a outras comunidades pero aquí a poboación inmigrante é pequena, menor que noutras comunidades, e eso tamén se nota nas aulas, nestes dous últimos cursos houbo un incremento do alumnado estranxeiro pero son incrementos pequenos.

-A anécdota é un pequeno centro da parroquia de Paredes-Vilaboa, onde os alumnos de orixen magrebí son maioría.

-É unha circunstancia que xa hai moito tempo que se ven producindo, nesa parroquia está asentada desde fai tempo unha comunidade marroquí e eso fai que os nenos da comunidade vaian medrando e hoxe sexan efectivamente maioría nesa escola, é un caso un pouco sorprendente porque é unha parroquia pequena, pero se fose nunha vila mediana ou nunha cidade nin se tería percibido siquera porque hai máis colexios pero ao ser a unitaria da parroquia evidentemente todo o alumnado vai ahí e por eso nota máis a concentración. En todo caso hai que decir que esa presenza de alumnado de orixe marroquí non plantexa nin plantexou nunca problema algún, a colaboración co concello de Viaboa é exquisita nese sentido, xa teñen moita experiencia e moito traballo con esa comunidade e non plantexa en absoluto ningún problema.

-Mellorase no tema do abandono escolar?

-A provincia está máis ou menos nos niveles de Galicia pero o que sí está claro é que se están a facer moitos esforzos neses sentido con dous plans de reforzo como son Proa e Mora, destinados a alumnado con dificultades e problemas de aprendizaxe e, en concreto, o Mora está dirixido a alumnado de cuarto da ESO, repetidor, para intentar que este alumnado, que normalmente abandoaba sin acadar o título, poda acadalo e continuar a súa formación.

-Por que non se lle adxudicou o bacharelato de Humanidades ao IES Frai Martín Sarmiento?

-O IES Frei Martín Sarmiento ten exactamente os bacharelatos que tiña antes e, a maiores, un bacharelato que non ten ningún centro en toda Pontevedra que é un dos bacharelatos de arte, o de Música, é un bacharelato que terá alumnado de todo o concello de Pontevedra e incluso de parte da provincia, de xeito que agora ese IES ten unha oferta educativa superior á que tiña antes. Demandaba un bacharelato de Humanidades que nunca o tiveron nese centro, e é un bacharelato que se oferta en todos os demais centros e con pouco alumnado, eles demandaban ese bacharelato porque querían máis cousas pero nunca tiveron ese bacharelato, en cambio sí van a ter agora un bacharelato novo e serán os únicos de toda Pontevedra que o terán.

-Por que se decidiu implantar un bacharelato de Música nese instituto?

-Escolleuse a modalidade de música porque o IES Frei Martín Sarmiento é un centro próximo ao Conservatorio de Música e precisamente por esa proximidade se elixiu.