Os tipos de nos mariñeiros, qué e unha dorna ou unha gamela ou cal é a antiguidade dos grandes barcos que se poden ver en Galicia son algunha das dúbidas que tiveron ocasión de consultar onte os aficionados á cultura do mar.

A cita era na praza da Ferrería, onde se presentaron embarcacións tradicionais (unha gamela coruxeira, unha buceta etc) e se presentou a mostra "Patrimonio do vento e do sal" na que se analisa a relación histórica de Galiza co Mar.

Trátase dun anticipio da delegación se trasladará á localidade bretona de Brest co gallo da Festa Marítima Internacional, o principal encontro do mundo de tradición marítima e onde Galicia será a convidada de honra.

Se nas horas da mañá a mostra tivo escasos visitantes por mor da forte chuvia, a medida que amainou non poucas familias se animaron a achegarse ata a carpa, que visitaron a delegada provincial de Cultura, María Xesús López Escudeiro, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores.

Esta mostra itinerante tamén inclué obradoiros e xogos para, por exemplo, construir unha pequena gamela ou distinguir os distintos tipos de peixes.