09 de junio de 2008
09.06.2008
POIO
POSTA EN VALOR DA RIQUEZA PATRIMONIAL
 

Os muíños de A Freixa botan a rodar

09.06.2008 | 02:00
A actuación supuxo a mellora do paseo fluvial de A Freixa. / rafa vázquez

O Concello de Poio inaugura un roteiro e editará unha guía sobre a historia dos sistemas de moenda.

A moa do muíño de Arriba de A Reiboa botou onte a rodar despois de vinte anos de inactividade no medio dunha grande expectación. É o primeiro da ruta da Freixa que moe millo no século XXI, grazas á restauración praticada a través do programa europeo de desenvolvemento rural Proder II. Francisco Martínez, copropietario do muíño, enchíase de fachenda explicando aos visitantes o funcionamento do sistema.
"Por debaixo vai o rodicio que move a auga, iso é a moa, o trouso, a cruceta,... E esta palanca chámase tarabelo e fai que o gran vaia caíndo, parece mentira que unha peza tan pequena sexa tan importante", comentaba marabillado aínda ante a complexa simplicidade do mecanismo. Francisco e os seus veciños lembraban onte os tempos nos que os muíños traballan día e noite para facer o pan que constituía o alimento básico de moitas familias en épocas de carestía. "No campo pasamos menos fame que na cidade", bromeaba o alcalde de Poio, Luciano Sobral, co seu homólogo capitalino, Miguel Fernández Lores. Carmen Lubián, unha veciña de San Martiño de 76 anos, non vía un muíño en marcha desde que era cativa. "Esta fariña máis fina, a que queda pegada ao pé, era a que empregabamos para facer as papas dos nenos", apunta sen sacar de vista a moa.
Belo e descoñecido
A recuperación dos muíños da Freixa supuxo unha inversión de 125.000 euros. A intención do goberno local é poñer en funcionamento algún máis nos vindeiros anos como principal atractivo dunha senda fluvial ubicada nun enclave tan fermoso coma descoñecido. Para converter este recuncho nun dos reclamos turísticos do municipio, o goberno local pensa editar unha guía que recolla as características de cada aparello, o ano de construcción, o nome dos propietarios e as lendas vencelladas a eles. A delegada de Cultura en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, propón que este traballo teña unha base real, sustentada nas vivencias das persoas que os empregaron. Francisco Martínez colaboraría de bo grado. Él foi precisamente quen asesorou aos obreiros para poñer en marcha o sistema de moenda, que segundo di, utilizará no futuro para facer pan para consumo propio e para a mantenza dos animais.
Galiza, potencia na crise alimentaria
A inauguración do roteiro, que se fixo coincidir coa xornada de clausura do encontro de gaiteiros Manuel Villanueva, congregou en A Reiboa a multitude de veciños e tamén a representantes das institucións implicadas na obra. O delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, invitou a reflexionar sobre o papel de Galiza coma "potencia internacional" na producción de alimentos "nunha época de crise" coma a actual, aínda que cun enfoque diferente, desvinculado da economía de subsistencia. O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, suliñou asemade a necesidade de mellorar a calidade de vida nas aldeas e xerar nestes núcleos emprego estable.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine