18 de marzo de 2020
18.03.2020
Faro de Vigo

Ourense habilitará de inmediato un segundo albergue para persoas sen fogar

Jácome: "A finalidade é cubrir as necesidades dun estado de alarma onde as persoas máis desfavorecidas son as que teñen máis que perder"

18.03.2020 | 12:07
Alcalde e concelleira de Servizos Sociais en San Francisco

O Concello de Ourense habilitará de inmediato un segundo albergue en San Francisco se as circunstancias o fixesen preciso. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen lembra que a día de hoxe, os servizos sociais do Concello préstanlles servizos de aloxamento e comida ás persoas que o precisan no seu albergue da Praza do Trigo, que dispón de 20 prazas, das que 8 están dispoñibles.

O Concello ten a capacidade de ampliar 12 prazas máis nas instalacións do antigo albergue de peregrinos de San Francisco. Unha media de prevención que ten a finalidade de "cubrir as necesidades dun estado de alarma onde as persoas máis desfavorecidas son as que teñen máis que perder", sinala o alcalde .

O alcalde e a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, visitaron as instalacións esta mañá e constataron que o albergue de San Francisco está listo para acoller as persoas que sexa preciso. Na actualidade o Concello de Ourense mantén aberto o albergue municipal durante as 24 horas do día, ofrecéndolles ás persoas usuarias almorzo, comida e cea para que non teñan a necesidade de saír do recinto. Conta con 20 prazas e reserva unha habitación con dúas prazas por se é preciso illar algunha persoa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia