El pasado 20 de febrero de 2019, el grupo socialista del concello de Xinzo de Limia presentaba una moción para el reconocimiento personal del que fue teniente de alcalde del municipio durante la II República, Cándido Fernández García. El concejal socialista fue asesinado en agosto de 1936 por la dictadura franquista, convirtiéndose este suceso en el más recordado de la represión en la localidad.

La moción fue aprobada por unanimidad de todos los grupos políticos que forman la corporación, que envió al Ministerio de Justicia la documentación necesaria para conseguir el reconocimiento por parte del Gobierno. Este proceso comenzará ahora tras recibir el documento con el que se inician los trámites, y que culminará no solo con la declaración de reparación y reconocimiento personal de Cándido Fernández García, sino también con un reconocimiento público de las víctimas del franquismo "mediante monumento, placa, mención no rueiro ou outro signo físico situado na rúa e sinalar e delimitar a fosa común que existe no Cemiterio de titularidade municipal de Xinzo de Limia".

Durante la moción, se relataron los hechos acaecidos en 1936 y que reproducimos a continuación:

“O suceso máis recordado da represión en Xinzo prodúcese cando a Garda Civil e seis falanxistas se presentan ás doce horas da noite do día 9 de agosto, no domicilio en Baronzás do concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo, o socialista Cándido Fernández García.

Milicianos armados con escopetas e pistolas sácano á forza. Cándido agárrase forte á cancela da casa e berra que se o queren matar que o maten alí. A culatazos nas mans conseguen soltalo e lévano detido ao cuartel dos falanxistas no Concello de Xinzo. Alí atopábase detido dende o 1 de agosto outro paisano de Sandiás, Cándido Gándara González , que fora concelleiro elixido o 12 de abril de 1931 membro da Xestora Municipal, ata as eleccións do 31 de maio do mesmo ano e directivo da Sociedade Agraria.

Non se sabe o que pasou despois pero ámbolos dous aparecen asasinados nas primeiras horas do día 10 de agosto de 1936, detrás do muro dunha finca no km. 4,9 da estrada de Vilar de Barrio ao Santuario dos Milagres, en termos de Maus (Vilar de Barrio).

Na acta da defunción de Cándido Fernández, co número 707, figura como causa da morte: “Producida por herida ocasionada por arma de fuego”. A de Cándido Gándara, co número 708, di: “Disparo de arma de fuego”. Este último non foi identificado ata os anos 40. Ámbolos dous foron enterrados no cemiterio de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio). A familia de Cándido de Baronzás foino buscar o día 11, unha vez conseguido o permiso das autoridades, pero xa non puideron recuperalo por estar soterrado.

Segundo o historiador Xulio Prada, a Cándido Fernández identificárono polo oficio da Secretaría do Concello de Xinzo, que levaba no peto, onde lle notificaban o seu cese como concelleiro".