Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ramón Otero Pedrayo volta á casa de Trasalba

- Primeira visita teatralizada na vivenda familiar - Veciños do intelectual e un colectivo de lectura participaron onte na iniciativa

Un actor deu vida ao intelectual Ramón Otero Pedrayo. // FdV

O intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo "reapareceu" a mañá deste sábado na súa casa familiar de Bocarribeira, en Trasalba (Amoeiro=, grazas a unha visita teatralizada na que tres actores deron vida ó intelectual, á súa familia, e a actividade política que mantivo durante a súa vida.

A fundación Ramón Otero Pedrayo organizou esta visita, na que participaron más de medio cento de persoas, entre elas numerosos veciños de Trasalba -algúns deles coñeceran en vida Otero Pedrayo- así como un colectivo de lectores, que completou a sua estadía cunha visita polo interior da casa.

A recreación partiu do cruceiro situado diante do Pazo do Campo -a carón da casa de Otero Pedrayo- cunha pequena camiñata na que dous "criados" foron introducindo aos participantes en detalles do "mundo de don Ramón".

O grupo percorreu despois o patio e o xardín posterior da Casa Grande de Trasalba, nos que un diálogo entre Otero Pedrayo e a súa nai Eladia, deron a coñecer detalles da propia vivenda e da vida familiar.

O mapa de Domingo Fontán, os compañeiros na edición da revista Nós -que cumple un século en 2020-, algunha actividade do nacionalismo galeguista e alusións á propiedade familiar -herdada do avó materno-, completaron unha visita que durou casi unha hora. O grupo de lectura continuou a estadía en Trasalba cunha visita guiada polo interior de casa e coa celebración dunha homenaxe a unha das lectoras do grupo.

A fundación ten a súa sede na Casa Grande de Trasalba e asegura que haberá novas visitas teatralizadas, en vista do éxito acadado onte coa primeira edición.

Compartir el artículo

stats