A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou os "os continuos ataques á lingua galega realizados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, desde a súa toma de posesión. Para A Mesa, declaracións como as realizadas con motivo do pregón das festas de San Francisco, cando comezou dicindo "vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego", son absolutamente vergoñentas e impropias do máximo representante da terceira cidade galega. "O rexeitamento da lingua galega como sinal máis característico de Ourense, unha das principais capitais galegas", o responsábel da Mesa en Ourense, Manuel Carniceiro, "é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio".