11 de agosto de 2019
11.08.2019

Premio "Mil Primaveras" para o Proxecto Youtubei@s no que participa o Concello

Promove o uso do galego para que xóvenes, ou non tanto, conten a través desta canle de internet a súas historias e a súa visión do mundo

11.08.2019 | 03:08
Cartel promocional invitando a participar a xente de todalas idades. // Faro

O Proxecto Youtubeir@s, no que participa o Concello de Ourense xunto con outros concellos galegos, as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña, vén de recibir o Premio "Mil Primaveras" na categoría de proxecto máis innovador. Recoñeceuno así o xurado -que fixo público no día de onte a súa decisión- ao ver en Youtubeir@s unha iniciativa que aborda "un medio prioritario para o futuro do idioma", xa que a creación de contidos na nosa lingua a través da plataforma Youtube xera "unha grande atracción na xente nova".

O xurado, ademais, sinalou que o proxecto "favorece que as persoas que transmiten a través de Youtube o fagan en galego e que as que comunican en galego o fagan en Youtube".

Os 'Premio Mil Primaveras', creados neste 2019 pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) coa colaboración da Deputación de Pontevedra, teñen como obxectivo valorar, recoñecer e difundir accións, campañas e programas que serven para fomentar a lingua e para incrementar tanto o seu uso coma o seu prestixio. A organización de Youtubeir@s, que neste 2019 acada a súa terceira edición, amosa a súa gratitude por este galardón, que significa un "auténtico pulo para continuar a medrar" no futuro. "É un recoñecemento a todo o esforzo desenvolvido dun xeito colectivo entre os servizos de normalización lingüística de trece concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña", sinálase dende a organización ao tempo que se destaca este elemento "fortemente colaborativo dende as institucións" como "unha característica fundamental" da iniciativa.

Tal e como apunta o xurado, o Proxecto Youtubeir@s representa unha iniciativa innovadora que, dende o punto de vista da organización, "conecta coa mocidade e capta a súa atención empregando os seus mesmos códigos comunicativos", o cal significa "unha clara adaptación aos novos tempos".

Por último explican que a coordinación do proxecto admite que un recoñecemento como o que a CTNL lle outorga a Youtubeir@s, garante "unha gran visibilidade" á hora de achegarse a máis público", indican.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia