O Obradoiro "O proceso madurativo desde a psicomotricidade vivenciada'' celebrouse onte no Centro Cívico da Ponte en Ourense. Alí, a pedagoga especialista en terapéutica e educación especial, Eva Gómez, falou sobre a importancia do desenvolvemento corporal como base para intuir as experiencias e rasgos da personalidade actual en nenos adoptivos.

- Cal é o obxectivo principal do presente seminario?

-O fin é ensinar como dende a psicomotricidade vivenciada acompañamos ao neno no seu desenvolvemento. Durante os 6-7 primeiros anos, o cativo vive na globalidade. Polo tanto, os afectos, a cognición e o corpo están en constante interacción. Neste punto, a función do adulto é darlle seguridade afectiva para que o neno se poda desenvolver con confianza e en plenitude. Dende a práctica psicomotriz acompañamos e reforzamos este proceso.

-Podría afectar un déficit afectivo nos primeros anos de vida na futura personalidad do individuo?

-Por suposto, o principal cando un neno nace é a seguridade afectiva que lle ofrece a nai ou a figura de apego, sin esa base, o neno non se podería desenvolver . O pequeno chega a este mundo sin psiquismo, como una folla en blanco, e necesita o acompañamento do adulto. Non se pode construír nada sin seguridade afectiva, é algo tan necesario como a nutrición. Ao mesmo tempo, si a personalidade de afecto non está dispoñible por diferentes motivos: por una depresión, rixidez emocinal ou por abandono , ese neno vai ter tamén dificutultades para poder abrirse ao mundo e á interacción. É dicir, o cariño asenta as bases das relacións futuras que o rapaz poda ter, configura as pautas para a comunicación co mundo.

- No caso dos nenos adoptivos, cómo rexistran vostedes os fenómenos da psicomotricidade vivenciada?

- Os psicomotricistas somos especialistas en ler a expresividade motriz do neno. As persoas manifestan todo o seu mundo interno a través do xogo libre e da expresividade motriz durante os seus primeiros anos de vida. Nós observamos ao cativo, o seu tono, o seu sorriso, como se relaciona co obxecto, que grao de pulsión ten ou que xogo escolle. Por exemplo, dependendo do que elixe, opta por un rol ou una persoaxe diferentes. Anlizamos tamén o exceso de pulsión ou de pasividade.

Os seus xestos e os seus movementos dannos moitas pistas da súa historia máis profunda. Todo o que ten vivido está rexistrado no seu corpo e no seu insconsciente e é o que el vai manifestar xogando libremente. O que o neno xoga pertence a sua primeira infancia, ata os 6 ou 7 anos reasegúranse no seu xogo a maior parte das experiencias vividas con anterioridade.

- Os nenos adoptados con menos dun ano de idade tamén posúen rasgos de experiencias vivenciadas?

- O primeiro ano é un ano moi importante. Ata os seis meses non temos psiquismo polo tanto, todo o experimentado engrámase no seu corpo, que aínda está en elaboración. Mesmo non sendo conscientes do que sucedeu, recordamos. Dende os cinco meses do ventre materno empézanse a gravar e a integrar sensacións que permanecen no noso inconsciente e que se manifestan en momentos regresivos.

- Cal podería ser un exemplo de reflexo dunha carencia pasada no neno?

- Un neno necesita xogar cos seus medos, temores que teñen todos os rapaces como a oscuridade, a caída ou o abandono. Ante isto o neno crea recursos no seu xogo para enfrentarse aos seus terrores e facerlles fronte. Un neno que non consigue levar a cabo estes mecanismos é porque o seu nivel de angustia non lle permite facer fronte a ese medos. Esa tristeza queda atrapada e non se exterioriza polo que, as veces, a nivel físico hai dificultades como por exemplo: a nivel da pel con dermatite, problemas respiratorios como asma ou problemas de regulación do esfínter.