A narrativa infantil de Carlos Casares protagonizou as ventas da feira do libro galego celebrada onte na cidade das Burgas. Oito establecementos sacaron a literatura á rúa Paseo con descontes do 10% e, a diferencia de edicións anteriores, rexistraron unha boa xornada de ventas.

O presidente da Agrupación de Libreiros, José Manuel García Mosquera, destacou que, a pesar de ser un día festivo, houbo moita xenta na feira que mercou libros. A galiña azul e As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas foron os máis vendidos do escritor ourensán ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, además de O sol de verán, un libro de narrativa adulta recomendado tamén en Bacharelato. "Esperábamos boas ventas porque xa desde hai un mes estamos vendendo moito de Casares nas librerías", indicou García Mosquera.