-¿Por que dimite?

-É unha decisión totalmente persoal, non mo pediu ninguén. Sentía a necesidade de facelo porque o termalismo é complexo e transversal, está relacionado con outras áreas e non é positivo levalo de forma independente. Creo que hai que reconsiderar e reestruturar as áreas de goberno buscando unha saída favorable para a cidade.

-¿E non sería máis doado reforzar o traballo en equipo para fomentar esa transversalidade que renunciar ás competencias?

-Ás veces eso é complicado e non se consegue. A miña decisión é contrastada e individual, sei que vai ser positiva e que imos sair reforzado.

-¿Ten que ver coa famosa e polémica viaxe?

-É certo que parte do grupo municipal marchou a unha viaxe de termalismo pero non, insisto en que esto non é ningunha pataleta, eu non son así. Fágoo con seriedade e en consonancia coa miña personalidade.

-¿Entón por que precisamente neste momento?

-E o meu momento vital. En todo caso, quero decir que o meu cargo institucional está por riba de todo. Son concelleira porque me votou a xente e débome a unha organización política coa que quero e vou seguir traballando.

-¿Doéulle realmente non estar nesa viaxe?

-Que pena non pode ser sinceira... Mira, cando queira ir a Badem Badem ou a Karlo Vivary podo facelo. ¿Se me gustaría ir? Podería ser interesante pero estou segura de que a información que traen será compartida.

-¿Como reaccionou o voceiro Alexandre Sánchez cando lle trasladou a súa decisión?

-O principio non o entendeu pero como me coñece e sabe que é unha decisión miña respetouna. Ademáis eu non me desvinculo, teño formación técnica vinculada á enxeñería do mundo da auga.

-¿Confirma as desavenencias no interior do BNG municipal?

-Hainas no BNG como as hai no PSOE, no PP e en todas as familias. Sempre hai xente coa que tes máis afinidade e hai mellores momentos que outros. O que nos une é o compromiso coa cidade, as diferenzas puntuais quedan á marxe. O que pasa no noso grupo é normal.