09 de noviembre de 2008
09.11.2008

A lingua, Patrimonio da Humanidade

O ex presidente catalán, Jordi Pujol, mostrouse deslumbrado polo termalismo ourensá

09.11.2008 | 03:26
Unha vista da mostra, na carpa da praza Maior.

Unha das partes más coloristas e ruidosas da mostra protagonizouna o Entroido. Fixeron desfiles pola rúa do Paseo e na praza Maior os peliqueiros de Laza, acompañados por veciños do lugar -repartiron bica e licor café, que levaban nun carro de vacas-, e os personaxes característicos desta festividade en Trives, Chantada e Tomiño. Curiosamente, non participaron os cigarróns de Verín ni as pantallas de Xinzo.
O afiador Armando Álvarez, de Trives e con 72 anos, fixo unha demostración do oficio que exerceu dende os 18 anos en Palencia, Burgos e toda Castela coa roda tarazana. Despois de casar, traballou tres anos nunha fábrica en Alemaña. Recuperou a actividade de afiador en Madrid, cun motocarro, para atender as carnicerías, pescaderías e seareiros fixos durante seis anos. Finalmente, montou unha coitelería na rúa Alonso Cano. Na actualidade vive en Trives, xubilado. O torneiro Oli Xiráldez dedícase á confección de gaitas galegas e frautas en Balcaide (Teo) con buxo, granadillo,pau santo e cocobolo. O torneiro Oli Xiráldez dedícase á confección de gaitas galegas e frautas en Balcaide (Teo) con buxo, granadillo,pau santo e cocobolo. Recoñece que a maior parte da súa clientela concéntrase nas áreas de Vigo e do Morrazo, porque é orixinario da zona, pero tamén vende instrumentos para Ourense e Lugo."De momento aínda non se nota a crise, porque en Galicia hai uns 30.000 gaiteiros". O poteiro Enrique Simón Alonso, de 72 anos, elabora co seu alambique augardente, con bagazo de Arbo, que poden probar os visitantes. Contempla con mágoa a desfeita que sufre o gremio, principalmente polos altos impostos que pagan.
A Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial celebrouse o ano pasado en Pontevedra, agora tócalle a Ourense, e o próximo ano farase na Coruña ou en Lugo, resalta o antropólogo e coordinador de artesanía do evento, Antón Fidalgo Santamarina.
O ex presidente catalán, Jordi Pujol, que veu á cidade en visita privada, mostrouse deslumbrado polo termalismo ourensano. E non quixo perderse a Mostra de Patrimonio Inmaterial.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine