22 de septiembre de 2006
22.09.2006

María Barcala Porto, actriz de Teatro do Atlántico: "Esta é unha peza bombón con personaxes extraordinarios"

22.09.2006 | 02:00
Actúan María Barcala e Marcos Viéitez (ambos, na foto), Rubén Ríos e Teresa Horro. Dirixe, Xulio Lago.

"Queremos chegar co corazón, non coa gargallada".

Teatro do Atlántico trunfou o ano pasado con "Encoro" nos Circuítos Teatrais para arrasar nos Premios María Casares. A compañía volve no 2006 a por todas cun drama ambientado en Irlanda pero que chega ao corazón de toda Galicia. Mañá, ás once da noite, "A raíña da beleza de Leenane" fará subir o telón do auditorio do IES As Barxas. A actriz María Barcala adéntranos na historia.
- Un drama irlandés.
- Si, é unha peza que impacta. Cóntache unha historia moi próxima. Fala da relación entre unha muller duns 40 anos e a súa nai que precisa dela para vivir. Por iso, fagocítaa porque non quere que desenvolva unha vida propia, xa que na media en que iso aconteza pode quedar soa. É unha situación moi recoñecible que vexo eu ó meu redor en Galicia. É unha peza bombón con catro personaxes extraordinarios.
- A obra represéntanna catro actores. Vostede interpreta á filla, Maureen Folan. ¿Que destaca deste personaxe?
- É un personaxe moi atractivo, nada lineal. Confeso que me deu medo asomarme a el. É difícil porque fai investigar sobre sentimentos moi duros e encontrados. Representar iso é custoso; requería un traballo emocional que asustaba un pouco. É unha muller de 40 anos que non foi quen de de-
senvolver a súa vida. É un personaxe en negativo porque se enfronta á súa nai. Pensa que non lle deixa vivir pero ela non soubo resolver a súa vida. A presenza dun mozo emigrado é un revulsivo.
- Parte dos actores da compañía son facianas coñecidas polos seus papeis en series de televisión. ¿Serve de gancho para encher un teatro?
- O gancho pode ser a televisión pero no elenco está Marcos Vieites que é desa zona e é coñecido polo labor teatral. Tamén está Rubén Ríos, protagonista de Libro de Familia. Tere máis eu (María Barcala actuaba en Rías Baixas) destacamos máis enriba dos escenarios.
- Teatro do Atlántico decántase máis polo drama...
- Interésanos comunicar emocións, queremos chegar co corazón, non coa gargallada. A risa porque sí, gratuíta, non nos interesa. Esta peza é unha comedia de humor negro. O público pásao moi ben.
- Voltan a Moaña, de novo, sen auditorio en condicións.
- É un pracer volver. É unha pena o do auditorio; é unha loita na que haberá que estar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Contenido Patrocinado


O Colexio Eduardo Pondal: experiencia, aprendizaxe e emoción

O colexio participa en programas como Semgal e Lova e é membro da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO

Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca