02 de agosto de 2020
02.08.2020
Faro de Vigo

O informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) realizado polo doutor Colin Brockington en 1967

02.08.2020 | 00:47
O informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) realizado polo doutor Colin Brockington en 1967

Como consecuencia dos pactos con EEUU, España adheriuse á Organización Mundial da Saúde en 1951, asinando un acordo base de cooperación científico-técnica en 1952 polo que recibiría axuda técnico-sanitaria desta organización internacional. En 1967 chegaría como consultor da OMS, o doutor Brockington, unha das grandes figuras da saúde pública do século XX e durante tres meses visitou diversos despachos e centros médicos en varias provincias do pais, descubrindo as vergonzas da sanidade franquista. O seu diagnóstico, que resultaba unha labazada á propaganda da ditadura, sería obviamente ocultado. Neste informe denunciaba multitude de carencias: "Básicamente non existen consultas de especialidade, nin consultas para cuidado prenatal, protección da infancia, enfermidades venéreas e enfermidades pediátricas máis que nas capitais de provincia". Tamén constataba o fracaso da Escuela Nacional de Sanidad no referente á formación e á investigación en Saúde Pública e alertaba do "deserto estatístico" que impedía coñecer o estado real da sanidade en España. Engadía, asemade, que os principios da medicina social e preventiva "brillan pola sua ausencia". Criticaba que Franco ainda non tivese creado naquela altura, un Ministerio de Sanidade e que mantivese descuartizadas as competencias en diferentes ministerios: a Dirección General de Sanidad pertenecía al Ministerio de Gobernación, pero a saúde escolar dependía do Ministerio de Educación, os hospitais da Seguridade Social funcionaba baixo a xurisdición do Ministerio de Traballo e a hixiene ambiental recaía nos ministerios de Vivenda e Obras Públicas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

FaroEduca